LA ENSEÑANZA

LA ENSEÑANZA

domingo, 2 de abril de 2017

Excursión a Ponteareas

O venres fomos excursión a Ponteareas. Comezamos a mañá visitando a biblioteca municipal. Nela puidemos ver diferentes salas onde as persoas van a estudiar, ler e consultar libros e contos. Despois contáronnos un conto titulado "Chivos chivons" e almorzamos. Despois Sofía mostrounos o museo que conta con elementos da prehistoria galega como petróglifos, un trisquel do Castro de Troña, a maqueta do Castelo de Villasobroso, un coche de bombeiros do século XIX e moitas máis cousas bonitas. Saimos da biblioteca e xogamos nun parque un ratiño e logo fomos ao auditorio Reveriano Soutullo a ver una obra de teatro titulada"Feo", e que a profe dixo que xa falaremos no cole dela porque foi moi bonita e é moi importante comprendela ben, xa que fala dunha cousa chamada diversidade. A profe di que é moi importante saber que é iso da diversidade. Foi una mañá moi bonita e divertida

No hay comentarios:

Publicar un comentario