LA ENSEÑANZA

LA ENSEÑANZA

domingo, 25 de octubre de 2015

Unha chea de radiografías

Esta semana a profe trouxonos moitas radiografías: de columna, dun pé, de tórax, de xeonllo, Gustounos moito, e pareceunos moi interesante. A profe ensinounos a velas. Recoñecimos os pulmóns, corazón, costelas, columna vertebral, o xeonllo, a tibia e o peroné...

Aportacións das familias ao noso proxecto

Os nenos trouxeron ao longo destes 15 días que levamos co proxecto,moitas aportacións: contos, información de internet, un puzzle feito na casa, a colección de DVDs de "Erasé una vezl a vida", un conto de adhesivos, etc. Ademais a profe Diano trouxonos un puzzle, o equipo de bibliotecas comprounos dous contos, e tamén collimos prestado da biblioteca un boneco coas partes internas para quitar e poner, un esqueleto magnético, e outro conto. Moitas grazas a todos. Os nenos están moi satisfeitos e orgullosos

sábado, 17 de octubre de 2015

Inauguración da biblioteca

O xoves todos os nenos de Educación Infantil fomos á biblioteca para participar na inauguración desta e para recoller as mochilas viaxeiras das 3 aulas. Primeiro escoitamos o conto de Leo León, un precioso audio gravado pola profe Alba, máis tarde os axudantes da biblioteca  explicáronnos as normas da biblioteca e a  orde dos contos nas diferentes librarias e por último entregáronnos as tres mochilas viaxeiras, unha para cada aula.

Pesámonos e medímonos

Como estamos a coñecer mellor o noso corpo o venres estivemos a nos pesar e medíndonos en clase.

lunes, 12 de octubre de 2015

As nosas pegadas

Esta semana comezamos o proxecto: o noso corpo. Ao volver de vacacións Leire pediume que por que non faciamos un proxecto sobre o corpo humano. Cando o consultamos na asemblea pareceulles unha boa idea a todos. É xenial que as ideas partan deles. Os nenos tiñan moitas ganas e están moi atentos a todas as explicacións. Estivemos a ver os nosos pés, como son, o tamaño e a pegada que deixan ao pisar.

Decoración da nosa aula

Os leonciños decoraron a nosa aula pintandoens bandexas plásticas con pintura plástica, e ademais empregaron material de refugallo.