LA ENSEÑANZA

LA ENSEÑANZA

viernes, 29 de enero de 2016

Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de Xaneiro)

Este é o cartel que fixeron os nenos de 6º de educación Infantil

Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de Xaneiro)

Estas son as fotos de hoxe

Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de Xaneiro)

Hoxe celebramos o día da Non Violencia e a Paz. Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.
Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
O lema deste día é: "amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra".
No colexio tamén nos quixemos unir a devandita celebración. Para iso, despois do recreo reunímonos todos os nenos e profes na biblioteca. Antón leu un manifesto a favor da Paz. E despois, coa axuda da profe Alba cantamos unha canción de Brinca vai! titulada "Apertas que voan". Pasámolo moi ben cantando e bailando . Logo saímos ao patio e os nenos de 6º soltaron un globo cheo de mensaxes escritas por todas as aulas do cole reclamando Paz no mundo. E por último repartimos uns caramelos moi especiais con mensaxes de Paz dentro feitos por todos os nenos do cole.
Ao rematar a celebración gozamos dun ratito de sol que xa nos ía facendo moita falta. Foi unha bonita mañá



jueves, 28 de enero de 2016

Bandejas de porexpán

Esta semana trabajamos sobre el porexpán de las bandejas que nos dan en las carnicerías, pescaderías... El trabajo consistió en hacer un dibujo sobre la base de las bandejas utilizando la punta de un pincho moruno. Luego los niños eligieron un color y pintaron por encima con el rodillo , y a continuación estamparon el dibujo en un folio. El resultado fue increíble. Disfrutadlo

jueves, 14 de enero de 2016

Informática na biblioteca

Esta semana fomos á biblioteca para traballar cos ordenadores todos xuntos.Aprendemos a acender o ordenador. Entrar en internet, visitar o blog de Leo León e o noso blog, desprazar a páxina para arriba e para abaixo. Sair de internet e apagar o ordenador.Aos poucos iremos facendo máis cousas ata que sexamos capaces de buscar información en internet nós sós

O aniversario de Xes

Hoxe celebramos o aniversario de Xes , que cumpliu 5 anos durantes as vacacións de Nadal. Foi o encargado do día, cantámoslle  e agasallámoslle cun retrato feito en plastilina. Xes trouxo una chea de laranxas para facer zume. Estaba boísimo.

sábado, 9 de enero de 2016

Agasallos de Leo León

E que mellor maneira de comezar o ano que recibindo un gran agasallo que Leo León pediu aos Reis Magos para nós: UN LOTE DE CONTOS PRECIOSOS