LA ENSEÑANZA

LA ENSEÑANZA

domingo, 20 de diciembre de 2015

BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!!!

E entre tanto amor os leonciños deséxanvos ¡¡¡BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!!!

Fotos do festival de Nadal

Visita de Papá Noel


Festival do Nadal

 
Actuación de Infantil: A panxoliña "os pitiños buscaban una estrela"
 
 
A panxoliña "Muñeco de nieve"
 

Bolsas de Olaf

Estas son  as bolsas de Olaf que fixeron os nenos con goma eva. Foron cargadas de traballos



Traballos con pasta branca

Ao longo destes últimos días aprendemos a utilizar a pasta branca. Fixemos tres traballos: adornos para a árbore onde ademais utilizamos un selo que quedou impreso na pasta, tamén fixemos uns candelabros con 2 actimel, barro e papel maché e por último uns vasos pequenos con pasta onde pasamos unha puntilla por enriba con axuda do rodete. Gustounos moito porque a nós gústanos moito xogar coa plasti e a pasta branca; parécese bastante

lunes, 14 de diciembre de 2015

A nosa árbore de Nadal

Xa sabedes que na nosa aula encántanos reciclar todo tipo de cousas. Esta vez empregamos as bandexas de plástico para facer una bonita árbore de Nadal

Fotos para decorar a nosa porta xunto a Olaf

É bonito empezar o Nadal con estes sorrisos

Decoración de Nadal

Aos poucos o Nadal cóase no noso cole e na nosa aula. Mirade

Facemos abdominais

Tamén fixemos abdominais para que os nenos percibisen que músculos do seu corpo traballan ao facer un esforzó. Rimos moito

Os músculos da cara

Estas últimas semanas estivemos a ver para que serven os músculos, cantos temos, como se chaman algúns... Os nenos sorprendéronse do número de músculo que temos na cara: máis o menos 42 músculos. Saben que cando fan un movemento coa súa cara moven una chea de músculos. Divertíronse pondo diferentes xestos

viernes, 4 de diciembre de 2015

PREMIO PARA O PROXECTO "A LÚA"

                   Proxecto Lúa


O proxecto traballado polos nenos de 4 anos do ano pasado "a lúa", foi presentado ao II concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar, convocado pola Consellería de Educación en xuño. Onte saiu a resolución de dito concurso e o proxecto foi premiado na modalidade:
- Proxecto de investigación grupo/nivel
- temática: ciencia.
Quero dar as grazas como titora a todos os nenos do grupo: Anxo, Ángela, Diego, Alex, Antía, Leire, Hugo, Vanesa, Xes, Anxo, Lucas, Uxía e Andrea, eles, o seu entusiasmo, o seu traballo e a súa dedicación fixeron posible este proxecto. Tamén quero agradecer ao  equipo directivo que sempre estivo cando lle necesitei, ao equipo de Bibliotecas o seu apoio contínuo, ao coordinador de Tics por ensinarme tanto sobre as novas tecnoloxías e facer posible este blog, e en xeral a todos os que día a día nos animaron a seguir.
O importe do premio é de 1000 €, que deberán destinarse á atención das necesidades da Biblioteca escolar.
      Un saúdo
                                          Cristina

jueves, 26 de noviembre de 2015

O aniversario de Alex e Diego

Hoxe celebramos o aniversario de Alex e Diego. Primeiro foron os encargados de facer a asamblea, e despois do traballo en grupo do proxecto do corpo , convidáronnos a noces e cacahuetes. Nós agasallámoslles cun retrato de plastilina.

lunes, 23 de noviembre de 2015

Como respiramos?

Hoxe fixemos un pequeño invento para que os nenos comprendesen mellor como é a respiración no noso corpo e a importancia do diafragma neste proceso. Utilizamos globos que facían de pulmóns, pajitas que eran a traquea, unha botella que era o noso corpo e unha luva que era o diafragma. Unha vez montado os nenos tiraban da luva e os globos enchianse como acontece na respiración: cando os pulmóns enchense baixa o diafragma para deixar sitio aos pulmóns. Unha boa experiencia.

A explicación de Ángela

Ángela explica neste video en que consiste o noso pequeno traballo

martes, 17 de noviembre de 2015

El esqueleto Pepe

Os enseñamos a nuestro gran amigo Pepe y lo bien que lo pasamos jugando con él.


Hicimos un concurso por equipos y en un minuto teníamos que montar todo el esqueleto de Pepe sin equivocarnos. Que risa pasamos.

 
                                                 Ángel, Hugo y Antía

 
 
Lucas, Xes y Anxo
 
 
 
Uxía, Leire y Ángela
 
 
 
Vanesa, Diego, Alex y Andrea
 
 

domingo, 15 de noviembre de 2015

Clase maxistral sobre primiros auxílios

Aproveitando que estamos a estudar o corpo e que os nenos de 4º curso de primaria tamén o estudan estes días, tivemos a sorte de que nos visitasen e contásennos o que son os primeiros auxilios e ademais fixéronnos unha demostración. Parabén nenos e grazas profe Marta.

Pegadas creativas

 Esta semana, utlizando as pegadas das nosas mans fixemos uns debuxos moi bonitos. Convertemos as pegadas en bolboretas, vermes, nenos, leóns, tartarugas... Outra nova maneira de facer preciosos debuxos.

viernes, 13 de noviembre de 2015

Celebración do Magosto

E todos os nenos e profes xuntos celebramos o Magosto. Cantamos coa frofe Alba una canción do Magosto. Logo os nenos de 5º e 6º axudáronnos a xogar a uns xogos moi divertidos que preparou o profe Óscar. E despois de xogar comimos as castañas que os profes Óscar e Jorge asaron para todos nós. Pasámolo moi ben.

Actuación no Magosto

Este ano o cantautor Luis Vallecillo veu ao noso cole e co o título de "Cántoche un conto no Magosto", interpretounos varias cancións que foron moi celebradas polo noso pequeno público.

O Magosto

O mércores celebramos o Magosto no cole. Fixemos unas caixas con tetrabrik e papeis de seda para meter as castañas. E fixemos ademáis unas fotos moi bonitas

martes, 10 de noviembre de 2015

La dentadura

Ya conocemos más sobre la boca. tiene lengua, campanilla, 20 dientes de leche en los niños y 32 en los adultos. Los dientes son: incisivos, caninos, premolares y molares. Sabemos que hay que limpiarlos bien después de comer para evitar las caries. Y que debemos visitar al dentista de vez en cuando. Por todo esto hoy hicimos una dentadura de plasti. Primero hicimos 2 churros que fueron las encías y colocamos los dientes encima, más tarde le dimos cola para endurecerlo y levantamos uno de los lados. Por último le colocamos la lengua. Nos quedaron chulísimas.

lunes, 9 de noviembre de 2015

O aniversario de Leire

Hoxe celebramos os 5 anos de Leire. Tróuxonos unas bolsas preciosas de Mini e Miki que fixo coa súa madrina. Tamén nos convidou a améndoas, noces e cacahuetes. Estaba todo boísimo. Nós fixemola un retrato seu con plastilina.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Maquillámonos en Samaín

E non podían faltar os maquillaxes máis terroríficos de Samaín.

Cine, manualidades e maquillaxe en Samaín

Este foi o programa de actividades da semana de Samaín

Decoramos todos xuntos o cole

Ademais de decorar a nosa aula, todos os nenos decoramos a biblioteca e as escaleiras. Quedaron xenial.

Manualidades en Samaín

A pasada semana fixemos manualidades relacionadas co Samaín. Pasámolo moi ben. Foron moi divertidas.

domingo, 25 de octubre de 2015

Unha chea de radiografías

Esta semana a profe trouxonos moitas radiografías: de columna, dun pé, de tórax, de xeonllo, Gustounos moito, e pareceunos moi interesante. A profe ensinounos a velas. Recoñecimos os pulmóns, corazón, costelas, columna vertebral, o xeonllo, a tibia e o peroné...

Aportacións das familias ao noso proxecto

Os nenos trouxeron ao longo destes 15 días que levamos co proxecto,moitas aportacións: contos, información de internet, un puzzle feito na casa, a colección de DVDs de "Erasé una vezl a vida", un conto de adhesivos, etc. Ademais a profe Diano trouxonos un puzzle, o equipo de bibliotecas comprounos dous contos, e tamén collimos prestado da biblioteca un boneco coas partes internas para quitar e poner, un esqueleto magnético, e outro conto. Moitas grazas a todos. Os nenos están moi satisfeitos e orgullosos

sábado, 17 de octubre de 2015

Inauguración da biblioteca

O xoves todos os nenos de Educación Infantil fomos á biblioteca para participar na inauguración desta e para recoller as mochilas viaxeiras das 3 aulas. Primeiro escoitamos o conto de Leo León, un precioso audio gravado pola profe Alba, máis tarde os axudantes da biblioteca  explicáronnos as normas da biblioteca e a  orde dos contos nas diferentes librarias e por último entregáronnos as tres mochilas viaxeiras, unha para cada aula.

Pesámonos e medímonos

Como estamos a coñecer mellor o noso corpo o venres estivemos a nos pesar e medíndonos en clase.

lunes, 12 de octubre de 2015

As nosas pegadas

Esta semana comezamos o proxecto: o noso corpo. Ao volver de vacacións Leire pediume que por que non faciamos un proxecto sobre o corpo humano. Cando o consultamos na asemblea pareceulles unha boa idea a todos. É xenial que as ideas partan deles. Os nenos tiñan moitas ganas e están moi atentos a todas as explicacións. Estivemos a ver os nosos pés, como son, o tamaño e a pegada que deixan ao pisar.

Decoración da nosa aula

Os leonciños decoraron a nosa aula pintandoens bandexas plásticas con pintura plástica, e ademais empregaron material de refugallo.

domingo, 27 de septiembre de 2015

Un planetario na aula

O curso pasado pedimos un planetario para ver as estrelas, a lúa, os planetas e as constelacións. Por fín chegou e quedou unha semana na nosa aula. Todos os nenos do cole pasaron  por el. Gustounos moito. Foi unha experiencia preciosa. Nas fotos parece que hai moita luz dentro do planetario, pero é polo flash. En realidade estabamos ás escuras.

OS LEONCIÑOS

Durante o verán os Leonciños medraron moito. Mirade que guapos están

domingo, 28 de junio de 2015

PROXECTO "A LÚA"

Aquí rematamos este proxecto tan bonito no que aprendemos moitas cousas moi interesantes, ademais de traballar en equipo, a expresar as nosas opinións en público, a axudarnos os uns aos outros, a realizar un gran traballo de investigación, a resolver problemas formulados, a entender por que acontecen algúns fenómenos da natureza que vemos a diario... Moitas grazas ao equipo de bibliotecas e ao equipo de TICs por todo o seu apio, e grazas moi especiais a todos os nenos de 5º de Educación Infantil por traballar tanto e tan bien.

O conto do proxecto

E todo proxecto acaba cun fermoso conto elaborado polos nenos:


domingo, 21 de junio de 2015

El ombligo bailón



Os nenos de 5º de educación Infantil bailaron esta canción

Estou na lavadora



Todos os nenos do cole, profes e algúns pais bailamos esta canción

Graduación 6º de Educación Infantil



Os nenos de 6º de E. Infantil pasan a primeiro e deixan a Educación Infantil. Moitos parabens

Canción en inglés

T

Todos os nenos de infantil

Festival fin de curso. "Canción en inglés"



Todos os nenos de infantil cantaron e bailaron esta canción

lunes, 15 de junio de 2015

Aniversario de Antía

O venres celebramos o aniversario de Antía. Cumpriu 5 anos. Convidounos a batido de chocolate, cacahuetes, améndoas, e "conguitos". Que rico todo!

miércoles, 10 de junio de 2015

Excursión a Marcelle

Onte fomos ao parque zoolóxico de Marcelle. A viaxe foi longa, pero mereceu moito a pena.Ademais vimos unha peli chula. Cando chegamos ao parque os nenos foron con monitores especializados. Á volta todos quedaron durmidos. Hoxe vimos en clase dous mapas que nos servirán para xogar no recuncho da casiña.

sábado, 6 de junio de 2015

Exposición do proxecto "a lúa" polos nenos de 5º de Educación Infantil

Aquí tedes a exposicion "a lúa", feita polos nenos de 5º de Educación Infantil. Non podo estar máis orgullosa deles. Foi algo moi bonito que ademais supuxo un reto e unha superación para todos os nenos. Espero que gocedes como eu o fixen onte. A película non ten moi boa calidade está escura pero escoitase perfectamente                                                                      






Video presentación do proxecto "a lúa"



Este é o resumo do proxecto lúa en fotografías.

viernes, 5 de junio de 2015

Relaxación antes da exposición do proxecto, e paracaidas despois

Hoxe era un día moi importante para os nenos. Os nervios eran evidentes. Por isto fixemos relaxación antes da exposición. Deunos moi bos resultados. Despois da exposición como premio, xogamos ao paracaidas. O profe Óscar ensinounos xogos e unha canción que cantamos baixo o paracaidas. Pasámolo moi moi ben.

PROXECTO "A LÚA"

Este é un resumo do noso proxecto levado a cabo ao longo destes meses. Os nenos fixeron un gran traballo.

domingo, 24 de mayo de 2015

Relajación

Y después de tanto trabajo qué mejor que un ratito de relajación por parejas. Primero uno y luego otro. Hemos utilizado una pelota de tenis moviéndola en círculos pequeños. Alguno estuvo a punto de dormirse

As fases da lúa

É moi interesante ver a reacción dos nenos ao ver o interior da caixa

As fases da lúa

É moi interesante ver a reacción dos nenos ao ver o interior da caixa

As fases da lúa







Os nosos astronautas

Esta semana rematamos o noso astronauta. Os profes Dina e Jose María debuxaron un astronauta e óss o pintámolo con témperas con moito cuidado e quedounos moi moi bonito. Mirade que guapos estamos.

As fases da lúa

A profe tróuxonos unha caixa máxica para explicarnos as fases da lúa. Encántanos mirar polos seus catro buratos e ver como a lúa cambia de forma. Vese a lúa chea, cuarto crecente, cuarto minguante e a lúa nova. Cando rematemos o proxecto da lúa, a nosa caixa máxica quedará na biblioteca para que todos os nenos do cole poidan aprender con ela as fases da lúa.









O telescopio de Galileo

Grazas ao proxecto da lúa coñecemos a Galileo. Este inventou un telescopio co que conseguiu ver os cráteres e os mares negros da lúa. Ademais existen outros aparatos que nos axudan a ver a realidade máis grande e máis preto. Son a lupa, o microscopio, os prismáticos e o telescopio que nos fabricou a profe. Encántanos xogar con eles.

martes, 5 de mayo de 2015

As nosa pegadas

Hoxe imitamos as pegadas do primeiro home na lúa. Fixemos masa con xeso. Tivemos moito coidado e quedaron chulísimas.

miércoles, 29 de abril de 2015

Exposición de traballos dos alumnos de 6º

Esta semana tivemos a sorte de contar coa visita e a explicación dos nenos de 6º, sobre os seus traballos de tecnoloxía,. Sentíamos curiosidade por eles, xa que estaban na biblio e queríamos saber que era iso. Gustáronnos moito.

Traballos da semana da prensa

E para rematar a semana que mellor que ver os traballos feitos polos nenos durante a semana da prensa. Nesa carpeta tamén estaba o noso traballo: "diario a lúa". Temos que dar a noraboa ao equipo de Bibliotecas polo gran traballo realizado durante esta semana e ó longo do curso na biblioteca, por favorecer a lectura no cole e axudarnos a desenvolver a sensibilidade dos nenos cara a lectura.

Visita dun contacontos.

O venres visitounos na biblioteca un contacontos moi bo, que nos contou o conto "Angustia e os seus medos", rimos moito e pasámolo moi ben.

Cóntame un conto

Esta actividade foi a nosa freferida, xa que os nenos maiores nos contaron un conto n.a hora da lectura no patio.

Visitamos a biblioteca

Ao longo da semana, fomos a biblioteca varias veces, xa que nela  nos sentimos moi tranquilos e relaxados.

Exposición de contos na biblioteca

Cos contos que os nenos e os profes levaron ao cole fixemos unha exposición na biblioteca do cole. Estaba preciosa!!

Libros ao patio

Celebramos a hora da lectura todos xuntos no patio, buscando un recuncho para poder ler o noso conto preferido.

Semana do libro

Co lema "en Abril... libros mil" e baixo a organización e coordinación do equipo de bibliotecas, arrancou a celebración da semana do libro no noso cole, que incluíu tamén a celebración do día do libro o día 23 de Abril. As actividades foron bonitas e variadas e gustaron moito aos cativos. Comezamos o luns traendo os noso conto favorito da casa.

miércoles, 15 de abril de 2015

martes, 14 de abril de 2015

Como funcionan os foguetes

Hoxe a profe explicounos por que voan os foguetes. Sabedes como ? Pois cun globo. O globo énchese de aire e ao soltalo elévase. O foguete énchese de aire quente e ao expulsalo o foguete elévase. Pasámolo moi bien e foi moi divertido. Todos probamos cun globo.

domingo, 12 de abril de 2015

E AQUÍ ESTÁ O ANIVERSARIO DE AIXA!! INVITOUNOS A UNS BISCOITOS CON CHOCOLATE, DELICIOSOS!! PARABÉNS!!
A PRIMAVERA CHEGOU A GULÁNS!! E OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS SAIMOS A DAR UNHA VOLTA A VER QUE OBSERVÁBAMOS. GUSTOUNOS MOITO VER COMO AS ÁRBORES QUE NON TIÑAN FOLLAS EMPEZABAN A ENCHERSE DE FLORES E ALGUNHAS DE FOLLAS NOVAS. E COMO TÍÑAMOS TANTAS GANAS DE FLORES DE CORES, PRANTAMOS UNS BULBOS EN MACETAS. TÍÑAMOS PRESA POR QUE NACERAN XA, PERO A PROFE EXPLICOUNOS QUE TEMOS QUE REGALAS E POÑELAS AO SOL E PUOCO A POUCO IRÁN MEDRANDO. XA VOS MOSTRAREMOS OS RESULTADOS!
ASÍ FOI O ANIVERSARIO DE XAVI!! A TARTA ESTABA BOÍSIMA, UUUMMMMMM! PARABÉNS XAVI!
DESPOIS DUN PARÓN MOOOOI LARGO, XA ESTAMOS AQUÍ PARA POÑER OS VÍDEOS DOS ANIVERSARIOS ATRASADOS. SÓ PODO PEDIR DISCULPAS UNA E OUTRA VEZ, PERO FOI IMPOSIBEL POÑELAS ANTES. COMEZAMOS CO ANIVERSARIO DE MARTÍN. PARABÉNS SAPETE!!

viernes, 10 de abril de 2015

Dia Mundial da Poesía

O día 21 de Marzo foi declarado pola UNESCO día Mundial da poesía. E para celebralo cos nenos busquei un libro de poesía infantil que puidese relacionalo co noso proxecto da lúa. Así, na cidade natal de Miguel Hernández, presentouse a obra premiada "Garigari" de Mª Jesús Jabato gañadora do "VI premio Internacional  cidade de Orihuela de poesía para nenos".
"Gorigori" consta de 48 poemas creados a partir de obras de grandes pintores dende o século de Ouro español ata os artistas máis contemporáneos do mundo.
O noso poema preferido foi "dice la luna" , baseado na obra de Paul Klee "Lúa chea".
Agradecemos á coordinadora da biblioteca do centro que poidamos contar con este libro tan bonito.




Obra de Paul Klee "lúa chea"


miércoles, 8 de abril de 2015

Naves espaciais

Durante a semana santa as familias colaboraron co noso proxecto e elaboraron cos nenos unhas naves espaciais moi bonitas e divertidas. Mirade como quedaron. Dende aquí dámosvos as grazas pola vosa participación.

lunes, 6 de abril de 2015

A eclipse de sol do día 20 de Marzo

Grazas á semana da prensa na biblioteca había moitos xornais con información sobre a eclipse. Ademais os conto que empregamos na procura da información do noso proxecto traen información sobre as eclipses. A profe tamén buscou documentais sobre este tema. Con todo este material os nenos sacan as súas conclusións e explican eles mesmos como acontecen as eclipses.

Aportacións da biblioteca

Aos nenos gústalles moito ir á biblioteca. Nela entrontramos contos da lúa, o universo, os planetas... tamén hai xogos para coñecer o movemento de rotación da terra e de traslación dos planetas arredor do sol. Xogamos con eles e pasámolo moi ben.

domingo, 29 de marzo de 2015

Luna con plastilina

Esta semana hicimos unas lunas de plastilina. Primero mezclamos plasti blanca y negra. Amasamos muy bien y pasamos el rodillo. Más tarde con un molde sacamos la forma circular de la luna. Hicimos los cráteres con la parte de detrás de los pinceles y una vez terminada la luna, le echamos barniz y la adornamos con estrellas.

domingo, 22 de marzo de 2015

Diario a lúa

Ao longo destas dúas últimas semanas coñecemos os xornails, como son, as seccións que teñen, como se elaboran e tanto gustáronnos que decidimos elaborar o noso propio xornal. Dende a biblioteca animáronnos moito para facelo. Ademais, tamén colaboramos cos demais nenos do cole, nas actividades propostas dende a biblioteca para festexar a semana da prensa.

martes, 10 de marzo de 2015

martes, 3 de marzo de 2015

Xa temos o noso universo na nosa aula

Despois de moito traballo facendo estrelas, astronautas e unha gran lúa, xa temos un anaquiño de universo na nosa aula. Gústanos moito deitarnos e mirar ao teito.

martes, 24 de febrero de 2015

PIZARRA MÁGICA II

Hoy realizamos el segundo trabajo con la pizarra mágica. Os recuerdo que es una masa realizada con la mezcla de harina, vinagre y pintura témpera. Como coincide con el invierno hemos utilizado témpera blanca. Otra vez lo pasaron de maravilla

viernes, 20 de febrero de 2015

Aniversario de Anxo

Onte celebramos o aniversario de Anxo. Convidounos a batido de amorodo e chocolate. Estaba moi rico.

A creación da lúa con plastilina

Empreguei a plastilina para facer entender ós nenos como aconteceu a creación da lúa. Gustoulles moito.

PROXECTO : A LÚA; a creación da lúa

A partir de hoxe, comezamos na nosa aula o proxecto: "a lúa".
Este proxecto forma parte do macroproxecto programado pola biblioteca do centro sobre o século XX. Na nosa aula traballaremos a década dos anos sesenta e con ela a primeira viaxe á lúa.
 Ao longo deste trimestre aprenderemos como é a lúa, as eclipses,  para que sirve o telescopio, os foguetes espaciais, os astronautas, a primeira viaxe á lúa...
 Esperamos que nos acompañedes nesta bonita viaxe.
Déixovos un video que explica moi ben a creación da lúa segundo os científicos.


jueves, 19 de febrero de 2015

ENTROIDO

¡¡¡E por fín as fotos máis esperadas: "o Entroido no CEIP Feliciano Barrera", o colexio máis marchoso do planeta terra!!!

Estou na lavadora


E para rematar a festa, todos xuntos cantamos e bailamos "estou na lavadora",  de Caimán do rio Tea


O ENTROIDO


                                             aula de 3 anos

                                            Aula de 4 anos


                                           Aula de 5 anos


sábado, 14 de febrero de 2015

QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO!! OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS FOMOS DE ELVIS PRESLEY. GUAPÍSIMOS TOD@S
DESPOIS DE TANTOS DÍAS SEN FACER UNHA ENTRADA, POR FIN TEÑO TEMPO DE POÑER O BLOGUE AO DÍA. COMEZO CO ANIVERSARIO DE CARLOTA, XA FOI O 19 DE XANEIRO, PERO PASÁMOLO XENIAL. FELICIDADES CARLOTA!!!

miércoles, 11 de febrero de 2015

O MANDADIÑO DO XOVES

                           Qué graciosos están coas súas camisas!!

E para rematar, atención ao mandadiño do xoves


martes, 10 de febrero de 2015

O MANDADIÑO DO MÉRCORES

                                Qué capas máis chulas!!

E atención, para o mércores traerás unha camisa moi grande cun cinto



lunes, 9 de febrero de 2015

O MANDADIÑO DO MARTES

                             Os nenos cos colares
O mandadiño do Martes
Qué guapo está Leo León cos seus colares e a súa capa!!

jueves, 5 de febrero de 2015

Cadea de mensaxes e debuxos

canción "Campás pola Paz", todos os nenos xuntos

30 De Xaneiro: "Día da Paz"

Todos os alumnos e todos os profesores do CEIP Feliciano Barrera celebramos xuntos o día da Paz.
A celebración consistiu en:
- Lectura dun manifesto feito polos alumnos de 6º.
- Baile "Madre Paz", realizado polos nenos de 5º e 6º
- Presentación da árbore da Paz, elaborada por todos os nenos do colexio
- Cadea feita coas mensaxes e debuxos de todos os nenos do colexio
- Canción "campás pola Paz", cantada por todos os nenos do colexio coa axuda da profe de música

Baile "Madre Paz", nenos e nenas de 5º e 6º

martes, 3 de febrero de 2015

Xa chega o Entroido!

Aquí queda o vídeo dos nenos e nenas de 6º bailando "Estou na lavadora", do Caimán do Río Tea. Aprendede ben a coreografía para poder bailar todos xuntos o día do Entroido.

TODOS:
Nenos e nenas, mestres e mestras, pais e nais, avós e avoas, amigos e amigas, ...
http://blogdeleoleon.blogspot.com.es/2015/01/estou-na-lavadora_23.html

lunes, 12 de enero de 2015

martes, 6 de enero de 2015

FESTIVAL NADAL 2014

O 19 DE DECEMBRO CHEGOU, E POR FIN ÍAMOS FESTEXAR O NADAL QUE TANTO NOS GUSTA, E PODER BAILAR A NOSA PANXOLIÑA DIANTE DE TOOOODO O COLE E DAS FAMILIAS!! PERO COMO SOMOS MOI VALIENTES, NON TIVEMOS VERGOÑA E FIXÉMOLO XENIAL. ESTO FOI O QUE ACONTECEU.

CELEBRANDO O SANTO DE LUCÍA

O VENRES 12 DE DECEMBRO LUCÍA CONVIDOUNOS A UN ANAQUIÑO DE TARTA PARA CELEBRAR O SEU SANTO, QUE AÍNDA QUE ERA O SÁBADO 13, QUIXO FESTEXALO CON NÓS TAMÉN. MOITAS GRACIAS LUCÍA, ESTABA BOÍSIMA. FELIZ SANTO!!