LA ENSEÑANZA

LA ENSEÑANZA

domingo, 26 de marzo de 2017

Visita de Rubén a nosa aula

O xoves tivemos a sorte de ter unha visita na nosa aula na hora da lectura: visitounos Rubén de 5º de primaria para contarnos un conto "el gran libro del pollo Pepe". A Rubén gústalle moito ler e quixo compartir connosco a súa afección e lernos este conto tan divertido. Grazas Rubén !

miércoles, 22 de marzo de 2017

Agasallo para os nenos de primeiro

Os nenos de primeiro recibiron un agasallo para celebrar os dous premios que obtiveron nos dous últimos cursos no concurso de traballo por proxectos das bibliotecas escolares de Galicia. Os proxectos premiados foron "a lúa" e "a Prehistoria", e podedes disfrutar deles clicando nas súas etiquetas

viernes, 17 de marzo de 2017

lunes, 13 de marzo de 2017

lunes, 6 de marzo de 2017

A nosa mascota Goki

Esta é Goki. Será a nosa mascota do noso proxecto "os porcos en Galicia".  É una porquiña moi boa. Seguro que pasaremos moi bos momentos xunto a ela.

jueves, 2 de marzo de 2017

Aportacións das familias e da biblioteca ao proxecto

Estamos moi contentos na aula xa que as familias máis  a biblioteca aportaron moita documentación ao noso proxecto: moitos contos, películas, información de internet, fotos, etc. Os nenos pasan moitos intres agradables lendo os contos dos porcos e gozando coas películas e documentais.
Mirade cantas cousas temos:

miércoles, 1 de marzo de 2017

PROXECTO: "OS PORCOS EN GALICIA"

A partir deste mes traballaremos  na nosa aula o proxecto: "os porcos en Galicia".
Este proxecto forma parte do macroproxecto programado pola biblioteca do centro titulado "Galicia". Os nenos coñecerán máis a estes animais, diferenciarán os animais salvaxes dos domésticos, aprenderán o que significa mamíferos, vivíparos, ovíparos, omnívoros...
  E o principal: traballarán todos xuntos cun proxecto en común.