LA ENSEÑANZA

LA ENSEÑANZA

domingo, 20 de diciembre de 2015

BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!!!

E entre tanto amor os leonciños deséxanvos ¡¡¡BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!!!

Fotos do festival de Nadal

Visita de Papá Noel


Festival do Nadal

 
Actuación de Infantil: A panxoliña "os pitiños buscaban una estrela"
 
 
A panxoliña "Muñeco de nieve"
 

Bolsas de Olaf

Estas son  as bolsas de Olaf que fixeron os nenos con goma eva. Foron cargadas de traballos



Traballos con pasta branca

Ao longo destes últimos días aprendemos a utilizar a pasta branca. Fixemos tres traballos: adornos para a árbore onde ademais utilizamos un selo que quedou impreso na pasta, tamén fixemos uns candelabros con 2 actimel, barro e papel maché e por último uns vasos pequenos con pasta onde pasamos unha puntilla por enriba con axuda do rodete. Gustounos moito porque a nós gústanos moito xogar coa plasti e a pasta branca; parécese bastante

lunes, 14 de diciembre de 2015

A nosa árbore de Nadal

Xa sabedes que na nosa aula encántanos reciclar todo tipo de cousas. Esta vez empregamos as bandexas de plástico para facer una bonita árbore de Nadal

Fotos para decorar a nosa porta xunto a Olaf

É bonito empezar o Nadal con estes sorrisos

Decoración de Nadal

Aos poucos o Nadal cóase no noso cole e na nosa aula. Mirade

Facemos abdominais

Tamén fixemos abdominais para que os nenos percibisen que músculos do seu corpo traballan ao facer un esforzó. Rimos moito

Os músculos da cara

Estas últimas semanas estivemos a ver para que serven os músculos, cantos temos, como se chaman algúns... Os nenos sorprendéronse do número de músculo que temos na cara: máis o menos 42 músculos. Saben que cando fan un movemento coa súa cara moven una chea de músculos. Divertíronse pondo diferentes xestos

viernes, 4 de diciembre de 2015

PREMIO PARA O PROXECTO "A LÚA"

                   Proxecto Lúa


O proxecto traballado polos nenos de 4 anos do ano pasado "a lúa", foi presentado ao II concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar, convocado pola Consellería de Educación en xuño. Onte saiu a resolución de dito concurso e o proxecto foi premiado na modalidade:
- Proxecto de investigación grupo/nivel
- temática: ciencia.
Quero dar as grazas como titora a todos os nenos do grupo: Anxo, Ángela, Diego, Alex, Antía, Leire, Hugo, Vanesa, Xes, Anxo, Lucas, Uxía e Andrea, eles, o seu entusiasmo, o seu traballo e a súa dedicación fixeron posible este proxecto. Tamén quero agradecer ao  equipo directivo que sempre estivo cando lle necesitei, ao equipo de Bibliotecas o seu apoio contínuo, ao coordinador de Tics por ensinarme tanto sobre as novas tecnoloxías e facer posible este blog, e en xeral a todos os que día a día nos animaron a seguir.
O importe do premio é de 1000 €, que deberán destinarse á atención das necesidades da Biblioteca escolar.
      Un saúdo
                                          Cristina