LA ENSEÑANZA

LA ENSEÑANZA

domingo, 28 de junio de 2015

PROXECTO "A LÚA"

Aquí rematamos este proxecto tan bonito no que aprendemos moitas cousas moi interesantes, ademais de traballar en equipo, a expresar as nosas opinións en público, a axudarnos os uns aos outros, a realizar un gran traballo de investigación, a resolver problemas formulados, a entender por que acontecen algúns fenómenos da natureza que vemos a diario... Moitas grazas ao equipo de bibliotecas e ao equipo de TICs por todo o seu apio, e grazas moi especiais a todos os nenos de 5º de Educación Infantil por traballar tanto e tan bien.

O conto do proxecto

E todo proxecto acaba cun fermoso conto elaborado polos nenos:


domingo, 21 de junio de 2015

El ombligo bailón



Os nenos de 5º de educación Infantil bailaron esta canción

Estou na lavadora



Todos os nenos do cole, profes e algúns pais bailamos esta canción

Graduación 6º de Educación Infantil



Os nenos de 6º de E. Infantil pasan a primeiro e deixan a Educación Infantil. Moitos parabens

Canción en inglés

T

Todos os nenos de infantil

Festival fin de curso. "Canción en inglés"



Todos os nenos de infantil cantaron e bailaron esta canción

lunes, 15 de junio de 2015

Aniversario de Antía

O venres celebramos o aniversario de Antía. Cumpriu 5 anos. Convidounos a batido de chocolate, cacahuetes, améndoas, e "conguitos". Que rico todo!

miércoles, 10 de junio de 2015

Excursión a Marcelle

Onte fomos ao parque zoolóxico de Marcelle. A viaxe foi longa, pero mereceu moito a pena.Ademais vimos unha peli chula. Cando chegamos ao parque os nenos foron con monitores especializados. Á volta todos quedaron durmidos. Hoxe vimos en clase dous mapas que nos servirán para xogar no recuncho da casiña.

sábado, 6 de junio de 2015

Exposición do proxecto "a lúa" polos nenos de 5º de Educación Infantil

Aquí tedes a exposicion "a lúa", feita polos nenos de 5º de Educación Infantil. Non podo estar máis orgullosa deles. Foi algo moi bonito que ademais supuxo un reto e unha superación para todos os nenos. Espero que gocedes como eu o fixen onte. A película non ten moi boa calidade está escura pero escoitase perfectamente                                                                      






Video presentación do proxecto "a lúa"



Este é o resumo do proxecto lúa en fotografías.

viernes, 5 de junio de 2015

Relaxación antes da exposición do proxecto, e paracaidas despois

Hoxe era un día moi importante para os nenos. Os nervios eran evidentes. Por isto fixemos relaxación antes da exposición. Deunos moi bos resultados. Despois da exposición como premio, xogamos ao paracaidas. O profe Óscar ensinounos xogos e unha canción que cantamos baixo o paracaidas. Pasámolo moi moi ben.

PROXECTO "A LÚA"

Este é un resumo do noso proxecto levado a cabo ao longo destes meses. Os nenos fixeron un gran traballo.