LA ENSEÑANZA

LA ENSEÑANZA

lunes, 12 de octubre de 2015

As nosas pegadas

Esta semana comezamos o proxecto: o noso corpo. Ao volver de vacacións Leire pediume que por que non faciamos un proxecto sobre o corpo humano. Cando o consultamos na asemblea pareceulles unha boa idea a todos. É xenial que as ideas partan deles. Os nenos tiñan moitas ganas e están moi atentos a todas as explicacións. Estivemos a ver os nosos pés, como son, o tamaño e a pegada que deixan ao pisar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario