LA ENSEÑANZA

LA ENSEÑANZA

viernes, 29 de enero de 2016

Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de Xaneiro)

Hoxe celebramos o día da Non Violencia e a Paz. Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.
Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
O lema deste día é: "amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra".
No colexio tamén nos quixemos unir a devandita celebración. Para iso, despois do recreo reunímonos todos os nenos e profes na biblioteca. Antón leu un manifesto a favor da Paz. E despois, coa axuda da profe Alba cantamos unha canción de Brinca vai! titulada "Apertas que voan". Pasámolo moi ben cantando e bailando . Logo saímos ao patio e os nenos de 6º soltaron un globo cheo de mensaxes escritas por todas as aulas do cole reclamando Paz no mundo. E por último repartimos uns caramelos moi especiais con mensaxes de Paz dentro feitos por todos os nenos do cole.
Ao rematar a celebración gozamos dun ratito de sol que xa nos ía facendo moita falta. Foi unha bonita mañá



No hay comentarios:

Publicar un comentario