LA ENSEÑANZA

LA ENSEÑANZA

martes, 4 de julio de 2017

jueves, 15 de junio de 2017

Exposición do proxecto "os porcos en Galicia" na biblioteca do cole

Hoxe os nenos de 4º de Educación Infantil, expuxemos o noso proxecto na biblioteca do cole. Fixémolo a través dunha película que fun gravando durante o tempo que traballamos o proxecto. Nela os nenos explican todo o que aprenderon, e moitas máis cousas que seguro vos gustarán moito. A maioria da música é do CD de Gatuxo, que os nenos puideron disfrutar da súa representación hai pouco  no teatro en Vigo
PROXECTO PORCOS from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

Vanesa contounos un conto

Vanesa veu á nosa clase a contarnos un conto. Contouno moi ben, fixo participar aos nenos e eles gozaron moito. Tívoo que repetir , ela quedou encantada e os nenos máis.

VANESA from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

O conto de Goki

Este conto resultou moi especial. Recolle as fotos dos nenos con Goki nas súas cas os fins de semana. Tamén hai cartas escritas polas familias.

CONTO DE GOKI from Cristina on Vimeo.

jueves, 25 de mayo de 2017

Gestos salvadores


El miércoles tuvimos la visita de un instructor titulado de la Asociación Gallega de Medicina de Familia y Comunitaria, Julio Villa Villimer.
Es muy importante que los niños sepan reaccionar en caso de emergencia, por tanto hay que prepararles para que sepan hacerlo.
Julio, de una manera cercana y con grandes dosis de paciencia, enseñó a los pequeños lo siguiente:
- comprobar si la persona duerme o no despierta porque no está bien.
- Si no despierta hay que llamar al 112.
- Maniobra frente-mentón para que la lengua deje pasar el aire.
- Posición lateral de seguridad. En el video se ve perfectamente como realizarla, ya que los niños la realizaron perfectamente.
- Como actuar en caso de atragantamiento.
  1.- Si el paciente tose es síntoma de que respira
  2.- En caso de que no tosa
Los niños trajeron peluches para practicar con ellos y más tarde pasaron a practicar con sus compañeros, incluso con la profe.
Fue una experiencia maravillosa.

viernes, 19 de mayo de 2017

As nosas mascotas para xogar na casa

Esta semana con goma eva, e un calcetín fixemos uns monicreques con forma de cerdito. Pasamos moi bos intres xogando con elas e a final de curso levarémolas a casa. Ainoha cóntanos como o fixemos

miércoles, 17 de mayo de 2017

Letras galegas

O martes día 16 de Maio celebramos o día das letras galegas no cole cunha xincana na que participamos todos os nenos do cole. As fotos colgaranse no blog de Leo León. Aquí deixámosvos a nosa pequena achega a esta celebración.

LETRAS GALEGAS 2017 from Cristina on Vimeo.

lunes, 15 de mayo de 2017

Día das familias

Hoxe, 17 de Maio celebramos o día das familias e fixemos. Era un floreiro feito cunha pisada do pé e flores feitas coas mans e co pé.

DÍA DAS FAMILIAS from Cristina on Vimeo.

viernes, 5 de mayo de 2017

Excursión ao teatro e ao parque de Castrelos

O xoves fomos a Vigo a ver no teatro Afundación a obra de Magín Blanco titulada Gatuxo. Como ao longo das dous últimas semanas escoitamos e coñecemos todas as cancións do disco e a súa temática. Encantounos, pasámolo moi ben. E despois divertímonos moito no parque de Castrelos.

GATUXO from Cristina on Vimeo.

Animais salvaxes e domésticos

Esta semana os nenos aprenderon a distinguir os animais domésticos dos salvaxes. Aprenderono dunha maneira moi sinxela a través do xogo. Pasárono moi ben

miércoles, 3 de mayo de 2017

Os nosos paxaros

Enchemos de vida o noso mural con estes paxaros feitos con culleres de madeira e estes niños feitos con pratos de papel e adornados con herbas secas.

lunes, 24 de abril de 2017

A viaxe de Goki

A semana do libro no cole dedicouse á banda deseñada. Nós en clase fixemos una banda deseñada dedicada a nosa mascota Goki. Traballamos durante toda a semana e aprendemos a debuxar porcos, osos, elefantes, jirafas, flores, árbores...
A VIAXE DE GOKI from Cristina on Vimeo.

viernes, 21 de abril de 2017

Os porcos son omnívoros

Esta semana traballamos a alimentación dos porcos. E os nenos chegaron á conclusión que comeno mesmo que as personas, e chámaselles omnívoros. María explícalo moi ben

domingo, 2 de abril de 2017

Excursión a Ponteareas

O venres fomos excursión a Ponteareas. Comezamos a mañá visitando a biblioteca municipal. Nela puidemos ver diferentes salas onde as persoas van a estudiar, ler e consultar libros e contos. Despois contáronnos un conto titulado "Chivos chivons" e almorzamos. Despois Sofía mostrounos o museo que conta con elementos da prehistoria galega como petróglifos, un trisquel do Castro de Troña, a maqueta do Castelo de Villasobroso, un coche de bombeiros do século XIX e moitas máis cousas bonitas. Saimos da biblioteca e xogamos nun parque un ratiño e logo fomos ao auditorio Reveriano Soutullo a ver una obra de teatro titulada"Feo", e que a profe dixo que xa falaremos no cole dela porque foi moi bonita e é moi importante comprendela ben, xa que fala dunha cousa chamada diversidade. A profe di que é moi importante saber que é iso da diversidade. Foi una mañá moi bonita e divertida

domingo, 26 de marzo de 2017

Visita de Rubén a nosa aula

O xoves tivemos a sorte de ter unha visita na nosa aula na hora da lectura: visitounos Rubén de 5º de primaria para contarnos un conto "el gran libro del pollo Pepe". A Rubén gústalle moito ler e quixo compartir connosco a súa afección e lernos este conto tan divertido. Grazas Rubén !

miércoles, 22 de marzo de 2017

Agasallo para os nenos de primeiro

Os nenos de primeiro recibiron un agasallo para celebrar os dous premios que obtiveron nos dous últimos cursos no concurso de traballo por proxectos das bibliotecas escolares de Galicia. Os proxectos premiados foron "a lúa" e "a Prehistoria", e podedes disfrutar deles clicando nas súas etiquetas

viernes, 17 de marzo de 2017

lunes, 13 de marzo de 2017

lunes, 6 de marzo de 2017

A nosa mascota Goki

Esta é Goki. Será a nosa mascota do noso proxecto "os porcos en Galicia".  É una porquiña moi boa. Seguro que pasaremos moi bos momentos xunto a ela.

jueves, 2 de marzo de 2017

Aportacións das familias e da biblioteca ao proxecto

Estamos moi contentos na aula xa que as familias máis  a biblioteca aportaron moita documentación ao noso proxecto: moitos contos, películas, información de internet, fotos, etc. Os nenos pasan moitos intres agradables lendo os contos dos porcos e gozando coas películas e documentais.
Mirade cantas cousas temos:

miércoles, 1 de marzo de 2017

PROXECTO: "OS PORCOS EN GALICIA"

A partir deste mes traballaremos  na nosa aula o proxecto: "os porcos en Galicia".
Este proxecto forma parte do macroproxecto programado pola biblioteca do centro titulado "Galicia". Os nenos coñecerán máis a estes animais, diferenciarán os animais salvaxes dos domésticos, aprenderán o que significa mamíferos, vivíparos, ovíparos, omnívoros...
  E o principal: traballarán todos xuntos cun proxecto en común.

domingo, 12 de febrero de 2017

martes, 31 de enero de 2017

Día da Paz

Este ano, para celebrar o día da Paz xuntámonos todos os nenos do cole e cantamos mediante xestos, voz e asubíos a canción de María Fumaça: "Ven conmigo".
Gozámos   moito cantándoa. Grazas profe Óscar por ensinárnola.
A continuación lanzamos un globo moi grande ao ceo cheo de mensaxes pola paz escritos por todos os nenos. Pasámolo moi ben.
 

Caixas temáticas

Xa están nas aulas as primeiras caixas temáticas. Este ano comezaros polas caixas de "LIBROS FEITOS POR NÓS . E tivemos a sorte de ser os primeiros en recibilas.

domingo, 8 de enero de 2017

O festival de Nadal

Feliz Ano Novo a todos. Déixovos as fotos do festival de Nadal celebrado o día 21 de decembro na casa cultural da Visoureira. Teño moita sorte de ter este grupo tan alegre, feliz e compenetrado. Parabén nenos.