LA ENSEÑANZA

LA ENSEÑANZA

miércoles, 29 de abril de 2015

Exposición de traballos dos alumnos de 6º

Esta semana tivemos a sorte de contar coa visita e a explicación dos nenos de 6º, sobre os seus traballos de tecnoloxía,. Sentíamos curiosidade por eles, xa que estaban na biblio e queríamos saber que era iso. Gustáronnos moito.

Traballos da semana da prensa

E para rematar a semana que mellor que ver os traballos feitos polos nenos durante a semana da prensa. Nesa carpeta tamén estaba o noso traballo: "diario a lúa". Temos que dar a noraboa ao equipo de Bibliotecas polo gran traballo realizado durante esta semana e ó longo do curso na biblioteca, por favorecer a lectura no cole e axudarnos a desenvolver a sensibilidade dos nenos cara a lectura.

Visita dun contacontos.

O venres visitounos na biblioteca un contacontos moi bo, que nos contou o conto "Angustia e os seus medos", rimos moito e pasámolo moi ben.

Cóntame un conto

Esta actividade foi a nosa freferida, xa que os nenos maiores nos contaron un conto n.a hora da lectura no patio.

Visitamos a biblioteca

Ao longo da semana, fomos a biblioteca varias veces, xa que nela  nos sentimos moi tranquilos e relaxados.

Exposición de contos na biblioteca

Cos contos que os nenos e os profes levaron ao cole fixemos unha exposición na biblioteca do cole. Estaba preciosa!!

Libros ao patio

Celebramos a hora da lectura todos xuntos no patio, buscando un recuncho para poder ler o noso conto preferido.

Semana do libro

Co lema "en Abril... libros mil" e baixo a organización e coordinación do equipo de bibliotecas, arrancou a celebración da semana do libro no noso cole, que incluíu tamén a celebración do día do libro o día 23 de Abril. As actividades foron bonitas e variadas e gustaron moito aos cativos. Comezamos o luns traendo os noso conto favorito da casa.

miércoles, 15 de abril de 2015

martes, 14 de abril de 2015

Como funcionan os foguetes

Hoxe a profe explicounos por que voan os foguetes. Sabedes como ? Pois cun globo. O globo énchese de aire e ao soltalo elévase. O foguete énchese de aire quente e ao expulsalo o foguete elévase. Pasámolo moi bien e foi moi divertido. Todos probamos cun globo.

domingo, 12 de abril de 2015

E AQUÍ ESTÁ O ANIVERSARIO DE AIXA!! INVITOUNOS A UNS BISCOITOS CON CHOCOLATE, DELICIOSOS!! PARABÉNS!!
A PRIMAVERA CHEGOU A GULÁNS!! E OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS SAIMOS A DAR UNHA VOLTA A VER QUE OBSERVÁBAMOS. GUSTOUNOS MOITO VER COMO AS ÁRBORES QUE NON TIÑAN FOLLAS EMPEZABAN A ENCHERSE DE FLORES E ALGUNHAS DE FOLLAS NOVAS. E COMO TÍÑAMOS TANTAS GANAS DE FLORES DE CORES, PRANTAMOS UNS BULBOS EN MACETAS. TÍÑAMOS PRESA POR QUE NACERAN XA, PERO A PROFE EXPLICOUNOS QUE TEMOS QUE REGALAS E POÑELAS AO SOL E PUOCO A POUCO IRÁN MEDRANDO. XA VOS MOSTRAREMOS OS RESULTADOS!
ASÍ FOI O ANIVERSARIO DE XAVI!! A TARTA ESTABA BOÍSIMA, UUUMMMMMM! PARABÉNS XAVI!
DESPOIS DUN PARÓN MOOOOI LARGO, XA ESTAMOS AQUÍ PARA POÑER OS VÍDEOS DOS ANIVERSARIOS ATRASADOS. SÓ PODO PEDIR DISCULPAS UNA E OUTRA VEZ, PERO FOI IMPOSIBEL POÑELAS ANTES. COMEZAMOS CO ANIVERSARIO DE MARTÍN. PARABÉNS SAPETE!!

viernes, 10 de abril de 2015

Dia Mundial da Poesía

O día 21 de Marzo foi declarado pola UNESCO día Mundial da poesía. E para celebralo cos nenos busquei un libro de poesía infantil que puidese relacionalo co noso proxecto da lúa. Así, na cidade natal de Miguel Hernández, presentouse a obra premiada "Garigari" de Mª Jesús Jabato gañadora do "VI premio Internacional  cidade de Orihuela de poesía para nenos".
"Gorigori" consta de 48 poemas creados a partir de obras de grandes pintores dende o século de Ouro español ata os artistas máis contemporáneos do mundo.
O noso poema preferido foi "dice la luna" , baseado na obra de Paul Klee "Lúa chea".
Agradecemos á coordinadora da biblioteca do centro que poidamos contar con este libro tan bonito.




Obra de Paul Klee "lúa chea"


miércoles, 8 de abril de 2015

Naves espaciais

Durante a semana santa as familias colaboraron co noso proxecto e elaboraron cos nenos unhas naves espaciais moi bonitas e divertidas. Mirade como quedaron. Dende aquí dámosvos as grazas pola vosa participación.

lunes, 6 de abril de 2015

A eclipse de sol do día 20 de Marzo

Grazas á semana da prensa na biblioteca había moitos xornais con información sobre a eclipse. Ademais os conto que empregamos na procura da información do noso proxecto traen información sobre as eclipses. A profe tamén buscou documentais sobre este tema. Con todo este material os nenos sacan as súas conclusións e explican eles mesmos como acontecen as eclipses.

Aportacións da biblioteca

Aos nenos gústalles moito ir á biblioteca. Nela entrontramos contos da lúa, o universo, os planetas... tamén hai xogos para coñecer o movemento de rotación da terra e de traslación dos planetas arredor do sol. Xogamos con eles e pasámolo moi ben.