LA ENSEÑANZA

LA ENSEÑANZA

lunes, 25 de abril de 2016

Debuxos con xornais

A semana pasada durante varias sesións realizamos unha manualidade moi interesante. O soporte foi unha folla de xornal. Os nenos pintaron a lapis un debuxo grande e repasárono con rotulador groso negro. Logo pintaron por dentro do rotulador con cera branda, pintando forte á beira do rotulador e frouxo por dentro. Para terminar por fóra do rotulador repasaron con témpera branca. O contraste entre as letras, a cor e o branco é moi bonito.

domingo, 17 de abril de 2016

A nosa cova xa ten lume

O primeiro home que soubo utilizar o lume foi o homo erectus. Un tempo despois tamén aprendeu a facelo mediante golpeo de dúas pedras ou mediante frotación de dous paus. Por iso tamén nós fixemos lume para a nosa cova con pasta de papel, cartón, papel de xornal, papel de seda , témperas e a luz dunha lanterna. A profe Raquel axudounos a facela. Quedou chulísima

O aniversario de Ángela

O venres celebramos o aniversario de Ángela. Convidounos a cacahuetes que nos gustan moito

viernes, 1 de abril de 2016

A nosa cova

Onte fixemos a nosa cova con lume dentro, estudamos como o homo erectus foi capaz de coñecer o lume a través dos raios durante as tormentas, coidalo e logo conseguir facer lume. Foi un gran invento.