LA ENSEÑANZA

LA ENSEÑANZA

jueves, 10 de marzo de 2016

martes, 8 de marzo de 2016

Exposición. "evolución humana, edad de hielo y dinosaurios"

El viernes fuimos a ver una exposición que nos vino muy bien, ya que pudimos ver muchas de las cosas que estamos estudiando en clase con la prehistoria. Nuestro monitor nos explicó todo muy bien y nosotros estuvimos muy muy atentos. Disfrutamos mucho.

miércoles, 2 de marzo de 2016

Mural prehistórico

Para rematar de ambientar a nosa aula, fixemos un mural personalizado. Nel estamos todos os nenos, a profe e o profe Jorge traballando en diferentes tarefas propias da prehistoria: cazando, pescando, indo a por leña, facendo a comida, cosendo a pel dos osos e mamúts para facer vestidos, cortando a carne dos animais para alimentarse, e mesmo comendo un anaco de carne. Está precioso.

A nosa cova

Un día chegamos ao cole e a profe tiña unha sorpresa: Unha cova para xogar dentro dela e poder xogar como o facían os nenos na prehistoria. Pasámolo moi ben dentro dela. Cando estudemos ao homo erectus (que ideou como facer lume) poñeremos unha fogueira na nosa cova. Claro de mentira.

Aportacións das familias e a biblioteca

Estamos moi contentos na aula xa que as familias máis  a biblioteca aportaron moita documentación ao noso proxecto: moitos contos, películas, información de internet, fotos, etc.
Os nenos pasan moitos intres agradables lendo os contos da prehistoria e gozando coas películas e documentais.
Mirade cantas cousas temos:


 

 
 

                        

PROXECTO "A PREHISTORIA"

A partir deste mes traballaremos  na nosa aula o proxecto: "a prehistoria".
Este proxecto forma parte do macroproxecto programado pola biblioteca do centro sobre os diferentes periodos da historia. Na nosa aula traballaremos a prehistoria centrándonos na aparición dos homínidos e a súa evolución até chegar ao homo sapiens sapiens ou home de cromañón.
  Ao longo de estes meses coñeceremos como viviron, como foron adaptándose ao clima, ao terreno; como foron desenvolvendo o seu cerebro e inventando ferramentas que lles fixesen máis fácil a vida. Onde xurdiron os primeiros homínidos e como se estenderon por todo o planeta.
  Esperamos que nos acompañedes nesta bonita viaxe.