Os nenos e as nenas de Educación Infantil do CEIP Feliciano Barrera invitámosvos a compartir con nós momentos moi importantes e felices. Benvidos!!
LA ENSEÑANZA
domingo, 20 de diciembre de 2015
BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!!!
E entre tanto amor os leonciños deséxanvos ¡¡¡BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!!!
Festival do Nadal
Actuación de Infantil: A panxoliña "os pitiños buscaban una estrela"
A panxoliña "Muñeco de nieve"
Traballos con pasta branca
Ao longo destes últimos días aprendemos a utilizar a pasta branca. Fixemos tres traballos: adornos para a árbore onde ademais utilizamos un selo que quedou impreso na pasta, tamén fixemos uns candelabros con 2 actimel, barro e papel maché e por último uns vasos pequenos con pasta onde pasamos unha puntilla por enriba con axuda do rodete. Gustounos moito porque a nós gústanos moito xogar coa plasti e a pasta branca; parécese bastante
martes, 15 de diciembre de 2015
Aportacións das familias á decoración das aulas
Estes traballos foron feitos polas familias xunto cos nenos. Paraben polo gran traballo
lunes, 14 de diciembre de 2015
A nosa árbore de Nadal
Xa sabedes que na nosa aula encántanos reciclar todo tipo de cousas. Esta vez empregamos as bandexas de plástico para facer una bonita árbore de Nadal
Facemos abdominais
Tamén fixemos abdominais para que os nenos percibisen que músculos do seu corpo traballan ao facer un esforzó. Rimos moito
Os músculos da cara
Estas últimas semanas estivemos a ver para que serven os músculos, cantos temos, como se chaman algúns...
Os nenos sorprendéronse do número de músculo que temos na cara: máis o menos 42 músculos. Saben que cando fan un movemento coa súa cara moven una chea de músculos. Divertíronse pondo diferentes xestos
viernes, 4 de diciembre de 2015
PREMIO PARA O PROXECTO "A LÚA"
O proxecto traballado polos nenos de 4 anos do ano pasado "a lúa", foi presentado ao II concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar, convocado pola Consellería de Educación en xuño. Onte saiu a resolución de dito concurso e o proxecto foi premiado na modalidade:
- Proxecto de investigación grupo/nivel
- temática: ciencia.
Quero dar as grazas como titora a todos os nenos do grupo: Anxo, Ángela, Diego, Alex, Antía, Leire, Hugo, Vanesa, Xes, Anxo, Lucas, Uxía e Andrea, eles, o seu entusiasmo, o seu traballo e a súa dedicación fixeron posible este proxecto. Tamén quero agradecer ao equipo directivo que sempre estivo cando lle necesitei, ao equipo de Bibliotecas o seu apoio contínuo, ao coordinador de Tics por ensinarme tanto sobre as novas tecnoloxías e facer posible este blog, e en xeral a todos os que día a día nos animaron a seguir.
O importe do premio é de 1000 €, que deberán destinarse á atención das necesidades da Biblioteca escolar.
Un saúdo
Cristina
Suscribirse a:
Entradas (Atom)